Unión Lyrics
- Genre:Rock
- Year of Release:2024
Lyrics
E ao fin, topamos un fogar confortable sobre un leito quente de blasfemia.
Tocados pola graza, construímos un xardín medicinal
Nas interzonas máis grises e abandonadas
Tecendo un mundo dende as feridas abertas,
(tecendo un mundo, tecendo un xardín).
Como un pavo real abrindo as súas plumas.
Como atlas, sostendo todo.
Unha esfera feita de esferas e os ollos de fukuyama no alto dun estandarte.
Satélites caen como unha bágoa, abrasando o rostro da noite.
Unha esfera feita de esferas abrasando o rostro da noite.
Pelos revoltos con cheiro a cisco en corpos cheos de rabia e ósos apertados.
Terra fértil dun compost de envexas e preitos.
Un baile vibrante de pes descalzos:
espírito creativo de finais que comezan.