Inquietude Lyrics
- Genre:Rock
- Year of Release:2024
Lyrics
Son un ecosistema roto dende fóra,
Un monumento privado de poder;
Unha mirada murcha atravesando o espello
Cara contornos de monte raso;
Un páramo descarnado.
QUEN PODE SALVARSE ALÍ DUNHA ESTAMPIDA DO EGO?
Afiei o coitelo nas miñas enxivas
E agora estouno cravando.
Cada vez máis fondo.
Cada vez máis dentro.
Sentindo desprezo polo meu refuxio primario.
Quen pode salvarse se cada minuto de soidade
Encerra unha choiva de golpes,
Unha fervenza de bágoas,
O berro de mil monos nunha noite sen lúa.
Son un monólito carente de potencia,
Corrompido ata o núcleo:
Cinco dedos, unha cara, e unha boca chea de mentiras.
Un espírito fráxil enfrontando ao absoluto.
REZADE UNHA ORACIÓN POLO CÍRCULO INTERNO
Un vórtice na era da nada onde desgarrar a carne
Para atopar resonancias,
Nunha festa de corvos e insectos luminosos.
Chagas nas mans, cáliz dun corpo vello.
Queda un iris negro repleto de urxencia,
Poros arrepiados fronte ao fío do tempo.
(Ao respirar mastigo po e hai unha separación
Dolorosa entre nós e o mundo).