Letargo Lyrics
- Genre:Rock
- Year of Release:2024
Lyrics
Devir unha partícula luminosa nun fondo abisal.
Na experiencia deste caos profundo topei un punto de ancoraxe,
E lancei unha mirada de medo e respecto dende este palco de honra.
Rompín a partitura, e a emoción volveu tornar en pranto.
Nunca foi o mesmo o mapa que o terreo,
Así como tampouco conquistar é coñecer.
A incógnita, un pequeno brote nun esgallo leñoso, en días sen choiva e sen sol.
Unha esperanza vana, pero unha esperanza polo menos.
Un pequeno agarre en caída libre, pero un agarre polo menos.
Nubes negras afogan o sol; unha faísca de vida aparece.
Entre cheiro de lixo e graxa, unha maquinaria onde danzan os ratos.
Rematamos de cargala cruz para vagar en despachos.
Como fuxir do desánimo sen caer no orgullo?
Un lapso de morte e un pulso de azares.
O vento soprando nunha noite de xasmín.
O nacemento dun can sobre cemento espido.
O son do atlántico a finais de abril.
As mans tendidas nun festín para compartir.
O camiño á luz é de frío e feridas.