Loading...

Download
  • Genre:Alternative
  • Year of Release:2024

Lyrics

Hoxe saio, convídanme a unha festa

É curioso, aquí todos teñen terraza ou azotea

Fago tempo, por sorte queda preto

O pibe vive en Gràcia, coma todolos modernos


É curioso, vaste a unha gran cidade

Aluguer, nivel de vida, aquí todo é ó grande

E se podes pagar un pouco máis, pois apoquinas

Pa vivir nun sitio que se sinta máis coma unha vila


E aquí todo mundo fai movidas raras

Van a cerámica, ao rocódromo, padel ou salsa

Ofrécennos de todo pa estar entretidos

Baixo a rúa e están aí pintando cadros e bebendo viño


Perdón, estoume descarrilando

Hoxe vou á festa dun colega dun colega

E nun sentido introspectivo eu por dentro celebro

Que o meu disco o outro día fixo un millón de repros


Mais non sei que se celebra

Non coñezo a moitos e os que sí, danme pereza

E doume unha ducha fría por se me activa

Aínda que estamos en sequía, porfa, perdóame esta


O Guille convidoume

Coñecino de noite non lembro cando

Coma min, viuse aquí para tentalo

Fala moito de si mesmo, pero bueno, é bo pavo


Polo que comentaba ía haber peña do mundillo

Saio dúas horas tarde, pero estou chegando

Estou un pouco nervioso, non vou negalo

Así que antes de chamar boto un pitillo no portal do lado


Dous minutiños xa puiden resetear

Chámoo e cólgame e abrese o portal

Dende a planta baixa escóitanse os gritos

Subo as escadas e o volumen vai subindo


Subo pouco a pouco, vou verbalizalo

Esta festa non me ape demasiado

Así que tento mentalizarme en cada peldaño

Non o vexas como ocio, mírao coma traballo


Abro a porta, yeah yeah

20 e pico persoas, de primeiras impresiona

Gafas de sol e totes e camisas con estilo

Falan tranquilos pintando nun plato de vinilo


Álex é un trapeiro, 20 e poucos anos

Falábamos por Insta e sempre era full de majo

Sempre falabamos de algún día tomar algo

Até que subiu un tema eu non quixen partillalo (nas stories!)


María é influencer, 20.000 en Insta

E case empre me chama polo nome de artista

Tampouco é que me ofenda, non somos colegas

Pero prefiro centrarme noutra peña da azotea


Séntome entre un grupo de decoñecidos

E nótoos moi atentos a cada cosa que digo

É xúrovos que isto, antes do disco, era distinto

Pásanme o prato e digo que hoxe vou tranquilo


Todos os meus chistes fanlles gracia e non o entendo

Agóbiome e digo que vou ao baño un momento

Alí non fago nada, collo aire, mírome no espello

E volto antes de que pase demasiado tempo


Saio e vexo a esta rapaza, non sei como se chama

Mais paréceme que é súper guapa

Querería darvos algún dato máis para non obxetivizala

Pero é que aínda non sei nada, pero atráeme


Penso en como achegarme

Máis non coñezo á peña que a rodea pa acoplarme

Séntome noutra cadeira libre, onde o grupo grande

Chégame o plato da esquerda e hm, veña, dálle


Están falando pero eu non os escoito

Ela estase rindo alto e eu mirando de reollo

E non quero ser un puto aproveitado

Mais so dou pensado en que facer pa darme achegado


Un grupo de tres inclúenme no seu asunto

Máis cústame estar atento e desconecto todo rato

Cada vez que reconecto é coma éste pasatempo

De xogar a unir os puntos, mais non pillo o debuxo


Quero falarlle, pero de que coño lle falo?

Oxalá amosase o interés que amosan estes randoms

Pero se o fixese sería nunha imaxe proxectada

E quizais ao coñecerme podería decepcionala


Meu, que palo, levántome e vou para a esquina

Boto outro cigarro, dende aquí vese o mar e o Tibidabo

Ideas soltas na miña cabeza estou pensando

Saúdame outro pibe random, pónseme ao lado


Chámase Pablo, cantante en solitario

Finxo que non coñezo o seu proxecto ao contarmo

Letras poperas sobre amor, rollo inocente

Ten un target a meirande parte de adolescentes


Vai pasado, ten un problema coas drogas

Non pasou nin media hora e xa mo está contando

Ten pinta de ser o mítico pibe interesado

Que se estou cunha colega nin a mira en todo o rato


Conta que non controla e non sei se sinto pena

Porque non somos colegas e sinto que non me escoita

Ademais, antes xa puxen a orella

Estaba contándolle o mesmo a outra persoa da festa


Levo 40 mins asentindo calado así que

Dígolle que marcho para reencherme o vaso,

Vou pillalos xeos, unha man na miña espalda

Ofréceme do prato pero teño taquicardia


Guille pregúntame que tal cos seus amigos

No fondo iríame pero é que inda está subindo

E dime que nos imos a un garito, que non marche

Que un amigo dun amigo cólanos no backstage


E voume con eles

Hoxe só quero entreterme

Non sei que se me perde

Mais non o quero comprobar


E voume con eles

Hoxe só quero entreterme

Non sei que se me perde, eh eh


Estou nunha habitación, lonxe do montón

E aquí todo Dios está pasado

E a rapaza esta non seguiu onda nós

Fixo bomba de fume e non é raro


E hai unha rapaza maja, dime que é galega

E que morrería do asco se voltase á terra

E lonxe de entrar no debate, corto rápido a conversa

Porque penso que non ten nin puta idea


E séntome cun pibe que inda parecía majo

Tocaba demasiado, pero bueno, ía borracho

E non vai o cabrón e fai un selfie co seu móbil

E mencioname á conta de artista nas stories


E deixeino pasar porque cundíame a conversa

Era con quen máis a gusto estaba de toda esta peña

Falamos media hora, vou pillalos xeos

E escoito que lle di ao colega: "Mira con quién me codeo"


E a tomar por culo, pido meter outra ralla

Non hai metro, estou a máis de unha hora da casa

E cando me pasan o material algo me alarma

Estanse rindo nun grupiño, véxollo na cara


Están falando de min, véxoo nas miradas

Suxeita o móbil raro, meu, sei que me gravan

Finxo estar tranquilo, vou andando onde eses tipos

E revento o puto móbil contra a mesa meu que pasa



E todo iso está gravado

Subirano a redes e dirán que estou colgado

Dá igual, porque co tempo irase olvidando

Así que marcho e sigo a festa no barrio do lado

+

      -   or   -

      -   or   -

      NG +234
          -You can log in via below methods-
          Reset password via e-mail
          -or-
          Reset password via e-mail
          If you have any questions, please feedback on Boomplay App or send an email to [email protected].

          Please Select A Playlist

          Add New Playlist

          Share on

          Embed: Love & Light EP

          Custom Size :

          • Default
          • Desktop(300*600)
          • Mobile(300*250)

          Type :

          • HTML/HTML5 (WordPress Supported)
          Get Boomplay Premium
          for
          Payment Method
          Pay With
            Review and pay
            Order Date
            Payment Method
            Due Today
            Flutterwave
              Subscription Successful

              Congratulations! You have successfully activated Boomplay 1 Month Premium.

              Now you have access to all the features of Boomplay App.
              Payment Failed

              Please check your balance and then try again.

              You'll lose your subscription if we don't have a working payment method for your account, so please check your payment details.
              Need help? Contact Boomplay Subscription Support.
              Payment Processing...
              10 s

              Payment is being processed by . Please wait while the order is being comfirmed.

              Payment Processing
              Your order is processing, and it may take up to a few days for the service provider to handle your payment. Please kindly stay tuned and check your order status in ‘User Center’.
              About Order Status