![Non vas marchar ft. sara faro & Peter Petrowski](https://source.boomplaymusic.com/group10/M00/04/05/6b0c2a19adb74588b150d138c70a77aa_464_464.jpg)
Non vas marchar ft. sara faro & Peter Petrowski Lyrics
- Genre:Hip Hop & Rap
- Year of Release:2023
Lyrics
Hoxe non me atopo nin no espello
Di o reloxo que me estou facendo vello
E cada día máis sinceiro
sen chispa nin gas, coma o meu chisqueiro
Escribindo por terapia non por hábito
Non preciso trucos, eu son máxico
Miña libreta é un lugar fantástico
E esta páxina é a habitación do pánico
Nun pálpito, tan só un instante puiden mirarte
Teu ollar gañou co tempo pois é arte
Agora que está caro todo menos respirar
Róubasme o alento, é pra matarme
Aínda non teño enrugas pero vounas ter
Só son capaz de ver o que vou perder
Non estou listo pra deixa marchar
Escribo para aliviar a dor e soñar con
Correr, saltar, volver foder, bicar, sentir chorar
Sentir berrar
Caer, voar, cheirar, sudar, foder, bicar
Nacer, morrer, saber, perder
Volver perder, sangrar
Limpar, amar, coidar, coller, soltar
Morrer, marchar
Amor, non vas marchar
Non vas marchar
Resides en cada verso
Que cantei ó mar
Amor, non vas marchar
Non vas marchar
Resides en cada verso
Que cantei ó mar
Son os poetas esquecidos, os fracasados
Son a ironía de Castelao
O baleiro que habito sen ti
Miguel Hernández traizoado por Alberti
Eu teño pluma en moitos sentidos
Esta canción percíbese cos cinco sentidos
Bebe do meu son, toca o meu queixume
Cheira a lume no ollar dos esquecidos
Estou pálido e inmóvil, fiquei así
Dende polo menos a terceira lúa de abril
Soño máis co que non fixen que co que si
Sangro máis tinta da que podo producir
Aliméntome da dor para escribir
Mañá será mañá conmigo ou sen min
O ir e vir das ondas non ten fin
Escribo para aliviar a dor e soñar con
Correr, saltar, volver foder, bicar, sentir chorar
Sentir berrar
Caer, voar, cheirar, sudar, foder, bicar
Nacer, morrer, saber, perder
Volver perder, sangrar
Limpar, amar, coidar, coller, soltar
Morrer, marchar
Amor, non vas marchar
Non vas marchar
Resides en cada verso
Que cantei ó mar
Amor, non vas marchar
Non vas marchar
Resides en cada verso
Que cantei ó mar
Debúxasme cun verso nas mans,
Coa voz cravada e o puño en alto
Debúxasme coma un ideal
I eu que sempre fun humana
Non puiden máis que marchar