![Ao meu irmán](https://source.boomplaymusic.com/group10/M00/01/31/16e19746779846478615a74f883bf92cH3000W3000_464_464.jpg)
Ao meu irmán Lyrics
- Genre:Kids
- Year of Release:2016
Lyrics
Onte fun a visitar o meu irmán
El non fala, é como Tatá
Non lle gusta a xente cando o miran mal, así é meu irmán
Ríome con el cada día
Aprendo cousas que non sabía
O seu amor é incondicional, así é meu irmán
Creo na xente diferente, ti para min es importante, a vida vai rapidamente
Quero contigo tódolos instantes
Prefiro só a túa compaña, os teus muros e montañas, túa forza na batalla
Cáeme a baba cando lle cae a el
E se se cae, el vólvese a erguer
Ten máis forza que moitos de nós, así é meu irmán
Ríome con el cada día
Aprendo cousas que non sabía
O seu amor é incondicional, así é meu irmán
Creo na xente diferente, ti para min es importante
A vida vai rapidamente, quero contigo tódolos Instantes
Prefiro só a túa compaña, os teus muros e montañas, túa forza na batalla
A túa forza na batalla