![Cre-ando](https://source.boomplaymusic.com/group10/M00/02/06/1919925459204d00afe0cfbc294350da_464_464.jpg)
Cre-ando Lyrics
- Genre:Hip Hop & Rap
- Year of Release:2024
Lyrics
Fuxindo do mundo, deixarse levar
Deterse no instante agarda o momento
Sen medo a voar, comeza a soñar
Cos ollos pechados escoita o silencio
O tempo pasa lento sabendo que chegará, que chegará, chegará.
A liberdade de expresarte, deixar de ser cobarde
Deixar de pensar que sempre chegas tarde
A calquer parte poder viaxar coa túa arte.
Crear, soñar, loitar ate o final
Para tocalo ceo; coas túas mans!
Poder vivir, loitar ata chegar
Creando un universo; que imaxinar.
Un cadro, un poema, un baile , unha canción
Atopa solucións cando todo son problemas;
Cando chega a inspiración no corazón todo merece a pena
Romper cadeas da sociedade que nos rodea.
Desfruta da condea, desfruta da tensión
Da creación da luz do sol que entra pola xanela
En días grises que anuncien a tormenta
Sentirse ilusionado superando novas metas.
As horas que pasan pensando no cuarto
A mente paciente agarda doente diante da páxina en branco.
Aprende de cada tropezo, mellora con cada fracaso
Percibe que todo é posible, facer o increíble
Que logo critiquen ti sigue creando.
Crear, soñar, loitar ate o final
Para tocalo ceo; coas túas mans!
Poder vivir, loitar ata chegar
Creando un universo; que imaxinar, que imaxinar, que imaxinar.
Artista que pásala vida enriba dalgún escenario
Pintando con plástico e tinta algo extraordinario.
Demostra que todo o talento, precisa de moito traballo
Ensaia a diario e non fagas caso daqueles que din que estás acabado.
Que din que non podes, que din que non vales,
Que din que non sabes, ti cree en ti, que non te comparen;
Importa ser feliz e desfrutar do baile, trouxonos aquí.