Semente De Vencer Lyrics
- Genre:Metal
- Year of Release:2023
Lyrics
Esta noite teño ganas de cantar ao desamore
Desamore dunha terra maltratada polos homes
Homes que veñen de fóra con bandeiriñas de fume
O día que ti despertes no nos vai chegar ó lume
Naiciña que me criache que non teñas que chorare
Se algún día xa son morto que non sexa pola fame
Morto como don mochiño que non voltou aquel dia
Que marchou con esas bestas ás q chaman policías
Que importa, meu ben, que nos maten
Se deixamos semente de vencer
E que importa que nos rouben alboradas, por velas de pé
Xa tecimos os camiños
Son de ida, non de volta
Contruimos autovias
Sen peaxe ate a revolta
Caeran as suas mafias
Baixo a fouce do labrego
Non ver mais as nosas rías
Por cartos cheiñas de negro
Dir que non
Teño forzas para erguerme
Teño sangue nas cadeas
Que me pesan ao ser ceive
Dir que non
Podo ir contra corrente
Temos lume nas bateas
Pra queimar a quen se acerque