Prende o Lume ft. Lidia LChao Lyrics
- Genre:Hip Hop & Rap
- Year of Release:2023
Lyrics
Non quero vacia esta letra
Que vén á memoria e ahí se me queda
Non quero falar e falar sen ir máis alén do que á xente lle renta
Mais non cabe todo do que hai que falar nesta sociedade de merda
Vai de que esta é unha vía para expresar o que non che deixan
Aproveita, ven, expresa cada inxustiza que non les na prensa
Conta os vocablos absurdos que che tiraron véndote presa
Temendo o subirvio da rúa de noite crendo que estás indefensa
Créndose eles donos das vidas alleas
Farta de ter que activar a ubicación en tempo real
Farta de que me miren coma se fora un obxecto sexual
Farta de ter que escoitar por ahí a tanto falso don juan
Farta de non poder levar unha vida normal
Faise xustiza por ti, por ela, cada vez que unha muller berra
Faise xustiza daquela das vidas quitadas en falsas promesas
Faise xustiza por ti, por ela, cada vez que unha muller berra
Fago xustiza hoxe aquí, ouveando en alto esta letra
E prende e prende o lume, e arde o criminal, liberan neste fogo as vidas das irmás
E prende e prende o lume, e arde o criminal, liberan neste fogo as vidas das irmás
Dis que é violencia sen máis, se falas de dano e non de quen o fai
Se son esas mans que te queren coidar as que logo non queren deixar respirar
Cargadas de amor irreal, amarrado á loucura mental
Delito que sexa esa excusa para rebaixar a condena penal
E dime que pasa se agora son clara
Que non entendes da miña palabra?
Veño aquí, dígocho á cara
Es ti quen nos mata á mitá da manada
Que ese é o problema que hai que amañar
Que tratan de solucionar,
Dicindo que roupa teño que levar se quero sair a bailar
Ata a cona desta sociedá onde é a culpable a que xa non está
Por que custa tanto cambiar, re-educar o construto social?
Non quero nin unha menos, quero que sexamos máis
Non quero nin unha menos, quero que sexamos máis
Faise xustiza por ti, por ela, cada vez que unha muller berra
faise xustiza daquela das vidas quitadas en falsas promesas