
Sol Xuntos Lyrics
- Genre:Electronic
- Year of Release:2023
Lyrics
Quixera ser un peixe
Pra subir dende o mar
Polo leito do río
Até te encontrar
Porque sei que é na auga
Onde ti desfrutas máis
Con baños baixo o Sol
Á entrada do serán
Rei coida ese corpiño
Usa sempre protección
Que pel só temos unha
Pra tantas radiaciois
Pero non só a pel
Tamén coida o corazón
Que cando hai mal de amores
Un sofre polos dous
Unta o teu corpo ben de crema
Ven, achégate xunto a min
Imonos protexer do sol xuntos
Tanto na Praia de Ipanema
Como nas areas de Samil
Ímonos protexer to sol xuntos
Dan daran daran
Dan, dararan
Dan dan, dararan
Dan, Daran
Ímonos protexer do sol xuntos
Quixera ser sardiña
Para ir dende o mar
Nadando ata a ría
Á que chamas fogar
Poderte ver espido
Cunha luz crepuscular
Igual que nos meus soños
Nos que estás ó meu lar
Unta o meu corpo ben de crema
Ven, achégate xunto a min
Ímonos protexer do Sol Xuntos
Estando nós no encoro da Veiga
Ou na herba de Hampstead Heath
Ímonos protexer to sol xuntos
Dan daran daran
Dan, dararan
Dan dan, dararan
Dan, Daran
Ímonos protexer do sol xuntos
Dan daran daran
Dan, dararan
Dan dan, dararan
Dan, Daran
Ímonos protexer do sol xuntos