
Unha De Guerra (Con Pili De Desvirgheitors) Lyrics
- Genre:Metal
- Year of Release:2023
Lyrics
Ei, oe, oe, irmán, os cañóns soan lonxe
Será que alguén conseguíu facer algunha guerra, outra guerra?
"Soldados valientes os haréis luchando en ella"
Nos decían polos bares e os lares da vida
Berro de á carga, direito ó enemigo
Espidas armas avanzan cara seu destino
Barullo, fume, cruzan balas ó vento
E un estoupido fai que no chan a testa pense soa
E ti, por quen loitas? E ti, por quen matas?
Sementar a morte, matar por non morrer
E o sangue corre, tinxindo unha bandeira
Xenerais lonxe da escea preocupados por gañar
Sen dubidar, vidas alleas sacrifican pola patria
Xente condenada a incerto subsistir
Por causa de etnias e de fronteiras
E ti, por quen loitas? E ti, por quen matas?
E ti, por quen loitas? E ti, por quen matas?
Nunha besta convertida, a batalla rematou
Seus dominios, ignorados pola masa sometida
Loita fratricida, xenreira sen final
Paz significa deserción en cadea
E ti, por quen loitas? E ti, por quen matas?